Contamos con 8 apartamentos, pensados para 2 ou 4 persoas, o que os fai ideais para parellas, familias ou grupos de amigos. Todas as nosas estancias inclúen un almorzo variado, elaborado con produtos frescos e de proximidade, preparados con mimo e distribuídos en cestas que son levadas a cada unha das habitacións, para que os hóspedes poidan comezar o día da mellor maneira posible.
Se buscas un aloxamento en Ourense ou Valdeorras que combine comodidade e hospitalidade, A Rectoral de Seadur é a túa mellor opción. Síntete coma na casa mentres desfrutas do mellor turismo rural en Galicia.