Refúxiate na nosa pensión rural
Situados no tranquilo municipio de Larouco, somos a opción ideal para aqueles que desexen estar rodeados da tranquilidade e a beleza natural de Galicia. Desconecta neste refuxio, coidadosamente renovado, que combina unha contorna única coa comodidade necesaria para unha experiencia que sempre lembrarás.
Dispoñemos de oito habitacións reformadas e deseñadas para albergar desde parellas, a familias. Cada aloxamento está equipado con todas as facilidades que farán que a túa hospedaxe sexa cómoda e pracenteira. A reserva de calquera estancia inclúe un saboroso almorzo elaborado con produtos de proximidade, coidadosamente presentado en cestas que se entregan na propia habitación, iniciando a túa mañá en contacto cos sabores da zona.
Ademais, a nosa pensión rural posúe zonas compartidas como un salón-comedor e unha adega, idóneas para descansar e relaxarte ou compartir momentos con outros hóspedes.